Nuclear Throne en Galego

Nuclear Throne en Galego

Introdución


Nuclear Throne en Galego image 1

A presente é unha guía sobre como cambiar os textos orixinais do Nuclear Throne por unha tradución completa ao galego, compatible coa versión máis recente do xogo (update 99). O procedemento é tan sinxelo como substituír un arquivo por outro no directorio de instalación do xogo.

Descarga E Instalación


Nuclear Throne en Galego image 4
Nuclear Throne en Galego image 5

Primeiro de todo, abrimos o directorio de instalación do xogo Nuclear Throne, ao que podemos acceder facilmente desde a biblioteca de Steam.

A continuación, descargamos o ficheiro NT.gal.rar que podemos atopar na seguinte ligazón: https://alesuot.itch.io/nuclear-throne-en-galego

Finalmente, descomprimimos o ficheiro no directorio de instalación do xogo, e substituímos o arquivo lang.ini orixinal polo do ficheiro. Para cargar a tradución en NTT, abonda con escribir na consola o comando /loadloc lang.

Notas Finais

Nuclear Throne non ten traducións oficiais. Porén, cambiar os textos do xogo é tan doado que existen múltiples localizacións feitas pola comunidade.

Localizalo ao galego foi para min un bo pretexto para botarlle outro cento de horas a un dos meus xogos favoritos. Espero que vos guste.

Source: https://steamcommunity.com/sharedfiles/filedetails/?id=2518002012					

More Nuclear Throne guilds